Non chores, peixiño

Existe unha escola
no fondo do mar
aprenden alí
os peixes a nadar
Pero un peixiño
non está contento
fáltalle unha aleta
e nada moi lento
Ai, ai, meu peixiño
deixa de chorar
ai, ai, meu peixiño
xa non chores máis
Polbos, fanecas,
xoubas e golfiños
xogan moi contentos
co noso peixiño
Ai, ai, meu peixiño…